Andrés Díaz pide á Xunta que faga un bo acceso para o lugar da Sorreira
Por Redacción
A veciñanza do lugar da Sorreira móstrase preocupado ao temer que as obras que se acometen na Estrada de Laxoso deixen o acceso ás súas vivendas cun gran desnivel dificultando o paso dos vehículos.
Por este motivo, o Concello de Ponte Caldelas remitiu un escrito á Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia solicitando que estas obras na PO-234 teñan en conta a necesidade de que se execute un bo acceso á zona da Sorreira.
Ata o de agora a entrada á aldea xa era empinada, pero temen que tras estes traballos a situación empeore. O Concello reclama que se revise ese desnivel para reducilo ao mínimo posible.
Tamén varias persoas residentes na marxe dereita do vial trasladaron o seu malestar ao Concello de Ponte Caldelas ao comprobar que as súas leiras quedaron sen acceso. Antes existía unha zona de paso na leira lindeira coa estrada, que se empregaba tanto polas persoas usuarias destas parcelas como por vehículos agrícolas e forestais. Andrés Díaz, alcalde do municipio, pediu tamén á Xunta que se manteña este acceso.
As obras da estrada de Laxoso comezaron no mes de setembro pero ao goberno local preocúpalle que a ampliación da beirarrúa deixase a tubaxe da auga que abastece ao núcleo urbano por baixo do carril. O Concello tamén lle pide ao executivo autonómico que desprace esa tubaxe cara á marxe da estrada, como estaba ata o de agora, para evitar que, en caso dunha avaría, téñanse que realizar obras no asfalto para acceder á canalización.
Relacionadas:
-
Conclúen as obras de mellora da PO-234 entre Ponte Caldelas e Laxoso
Por Redacción |
-
O proxecto para reformar a PO-234 entre Laxoso e Portasouto estará redactado en seis meses
Por Redacción |
-
Melloran o asfalto da estrada de Taboadelo, en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
O Concello de Ponte Caldelas retira árbores das marxes do río e das estradas para evitar caídas
Por Redacción |
-
A Xunta inicia a segunda fase das obras na estrada PO-234, entre Ponte Caldelas e Laxoso
Por Redacción |