As intensas choivas asolagan a rúa Fernando Olmedo e deixan un regueiro de incidencias en baixos e garaxes
Por Redacción
As intensas chuvias rexistradas en Pontevedra durante a noite deste sábado e a madrugada desta domingo provocaron numerosas incidencias en todo o municipio e, de xeito especial, no centro da cidade, no que os servizos de emerxencia traballaron durante toda a noite. As principais consecuencia foron a inundación da rúa Pai Fernando Olmedo e os danos en garaxes e baixos de distintas rúas.
Pai Fernando Olmedo inundouse, en concreto, no cruzamento das rúas Casimiro Gómez e A Seca e a acumulación de auga obrigou ao peche temporal da rúa.
O asolagamento rexistrouse entre as 05.30 horas e as 07.00 horas deste domingo e ao lugar trasladáronse a Policía Local, os Bombeiros e a empresa de xestión do ciclo da auga na cidade, Viaqua.
Na madrugada a inundación en superficie quedou totalmente resolta pero os bombeiros aínda traballaron durante toda a mañá en dous garaxes da rúa, nos que se viron afectados 16 vehículos.
Durante a madrugada tamén foi preciso pechar nalgún momento a avenida de Marín e rexistráronse bolsas de auga na estrada vella de Marín que afectaron ao tráfico das vías.
Durante toda a noite e boa parte da mañá existiu unha alerta vermella por risco de desbordamento dos ríos Verdugo e Lérez que xa foi desactivada.
Ademais, decenas de vehículos estacionados en garaxes de toda a cidade víronse afectados pola auga, que se acumulou en moitois baixos e nalgunhas rúas como Gorgullón as filtracións de auga mesmo causaron derrubamentos parciais na planta baixa.
Na zona de Campolongo, unha arqueta desbordada provocou acumulación de auga e mesmo obrigou a pechar o complexo deportivo municipal.
Relacionadas:
-
Caos en Fernando Olmedo: coches mergullados, pisos sen calefacción e contedores flotando
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
O PP culpa das inundacións ao mantemento inadecuado e á insuficiencia de sumidoiros
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello recoñece a dificultade para evitar os asolagamentos en Fernando Olmedo: "Son zonas inundables"
Por Redacción |
-
O de 2019 xa é o segundo decembro máis chuvioso do século e espérase máis auga
Por Manu Otero |
-
Unha inundación obriga a pechar o ximnasio de Campolongo e indigna os usuarios por falta de información
Por Redacción & Diego Torrado | Creada e actualizada