Pedro Volta necesita asistencia sanitaria ao fallar por segunda vez nun número de escapismo
Por Redacción
O ilusionista pontevedrés Pedro Volta volveuse a atopar en dificultades durante un número de escapismo. Despois do susto que levou o ano pasado, cando estivo catro minutos en parada cardiorrespiratoria durante unha actuación. Nesta ocasión, foi durante o programa ‘ Got Talent España’.
Pedro Volta repetiu a actuación de escapismo porque non teme á morte: "Ya estuve en ella". Mergullouse nun tanque de auga cunha camisa de forza e o número consistía en quitarse esa roupa, coller unhas chaves e abrir varios cadeados para saír do tanque. Con todo só logrou quitarse a camisa e abrir o primeiro cadeado.
Nesta ocasión, o resultado non foi tan grave como na anterior, pero non conseguiu aguantar baixa a auga e necesitou asistencia sanitaria porque empezou a ter convulsións. Ao minuto e medio do inicio do número quedou sen aire, saíu a respirar e perdeu o coñecemento.
Finalizada a actuación, saíu do cubo no que se mergullou e asegurou que nunca repetiría. "Todo estaba controlado, no os preocupéis. No me juego la vida, en este caso porque tengo un gran equipo de profesionales y hemos trabajado un mes y medio. Lo que sí os puedo decir es que este número no lo voy a hacer porque creo que he conseguido lo más importante, superar mi miedo", asegurou.
O vídeo pode consultarse aquí.
#GotTalentSemi4 Silencio sepulcral en el plató antes de que Pedro Volta se sumerja bajo el agua https://t.co/fenrUL3cxH pic.twitter.com/mTmO3Jzl5j
— Got Talent España (@GotTalentES) December 13, 2019
Relacionadas:
-
Dous 'palanadores' de Bueu levan a billarda ao plató de "Got Talent"
Por Alejandro Espiño |
-
A cuarta gala Galicia Magic Fest reunirá en Pontevedra cinco espectáculos de ilusionismo
Por Redacción |
-
Pedro Volta: "Estoy muy feliz porque he vuelto a vivir. He estado muerto tres minutos"
Por Redacción |
-
O mago pontevedrés Pedro Volta, rescatado por un incidente nun truco de escapismo
Por Redacción |