Poio premia o mellor lema da semana da mobilidade
Por Redacción
As concelleiras de Educación e Seguridade Cidadá de Poio, acompañadas polo xefe da Policía Local, entregaron este mércores o premio á gañadora do concurso LEMA da campaña da semana europea da mobilidade do 2020 a Mencía Garrido.
Neste certame participaron alumnos de Educación Primaria de todos os centros educativos do municipio. "Fuma+ Vida. Camiña", foi o lema que resultou gañador do concurso.
O premio, consitente nunha placa co escudo do Concello, foi entregado á gañadora no colexio de Espedregada, segundo a información facilitada pola Policía Local de Poio.