As choivas provocan o derrubamento de parte da Torre dos Montenegro, no Campiño de Santa María
Por Redacción & Cristina Saiz
As choivas rexistradas durante a mañá deste xoves provocaron o derrubamento de parte da Torre dos Montenegro, situada dentro do espazo arqueolóxico do Campiño de Santa María, no casco histórico de Pontevedra.
Algunhas das pedras caeron sobre o camiño que percorre o espazo arqueolóxico e os restos da torre quedaron inestables, de maneira que o Concello de Pontevedra tomou a decisión de tomar medidas para garantir a seguridade cidadá. En concreto, son dúas actuacións: cortar os accesos ao camiño e proceder ao seu apuntalamento con carácter inmediato.
O Concello contactou de urxencia cunha empresa para que se faga cargo destes traballos de apuntalamento e a previsión é que comezará a traballar esta mesma tarde.
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Xaquín Moreda e a concelleira de Seguridade Cidadá, Eva Vilaverde, visitaron ao mediodía deste xoves o espazo para ver a situación.
Despois da visita, o responsable de Patrimonio Histórico acordou que unha vez que pase o período de chuvias, farase un traballo de restauración da torre para a súa reconstrución. Previamente, solicitaranse os permisos pertinentes ante a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia.
Relacionadas:
-
O estado de abandono das escaleiras de Santa María terá pronta solución
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
A restauración da Torre dos Montenegro incluirá a consolidación dos restos da muralla
Por Alejandro Espiño |
-
Un equipo multidisciplinar rehabilitará en primavera o xacemento de Santa María
Por Alejandro Espiño |
-
O de 2019 xa é o segundo decembro máis chuvioso do século e espérase máis auga
Por Manu Otero |
-
O Concello restaurará os restos da Torre dos Montenegro desprendidos pola choiva
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas e Poio 'desbordan' polas fortes choivas
Por Redacción |
-
Pontevedra recolle en 12 horas máis dun terzo da choiva caída nos últimos 30 días
Por Manu Otero |