Xa hai acordo para retranquear a liña de media tensión no Revel
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín e a concelleira de infraestruturas, María Deza, mantiveron unha reunión con Unión Fenosa Distribución Electricidade para establecer o texto do convenio que servirá para o retranqueo da liña de media tensión no Revel, na parroquia de Vilalonga.
Este convenio permitirá levar a cabo as obras de urbanización desta zona.
Unión Fenosa redactou un proxecto, cun importe de 48.000 euros, que contempla a substitución de dous apoios da liña de media tensión e o desmonte do tramo de condutor e o soterramento do citado tramo.
O Concello comprométese á execución do tramo soterrado entre eses dous apoios, asumindo os custos da devandita actuación.
No pleno de novembro aprobouse unha modificación de crédito de 231.000 euros, para asumir o custo do soterramento desta liña de media tensión.