Salta un ceda e golpea outro coche, deixándoo en dirección contraria
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez
Afortunadamente saldouse sen danos persoais un accidente rexistrado este martes na rúa Joaquín Costa de Pontevedra.
No sinistro víronse implicados dous vehículos.
Segundo informou a Policía Local, a persoa que conducía un Toyota Yaris circulaba pola rúa Poza dos Canos cando se saltou o ceda o paso golpeando a outro turismo modelo Hyundai i10 que circulaba correctamente pola rúa Joaquín Costa.
Como consecuencia do impacto o Hyundai virou como unha buxaina quedando en sentido contrario á marcha.