O PP defende a Lei de Costas e afirma que "non é unha barra libre" para facer novas obras no litoral
Por Anxo Lourido
717 construcións de Poio, 353 en Bueu, 144 en Pontevedra, 239 en Vilaboa e máis de 300 en Marín e en Sanxenxo poden regular a súa situación coa nova Lei de Costas, segundo afirmaron representantes do Partido Popular na sede provincial. A senadora Dolores Pan e o voceiro de ordenación do territorio do grupo parlamentario, Román Rodríguez, expuxeron que os concellos teñen agora unha oportunidade para que se recoñezan os núcleos de poboación que antes da aprobación no ano 1988 da anterior Lei de Costas non se consideraba solo urbano.
Segundo afirmou Román Rodríguez aquela Lei aprobada polo goberno socialista de Felipe González e apoiada polo PP, non recoñecía os núcleos rurais galegos que presentan unha situación singular. Agora, os populares emprazan os concellos a que estuden cada construción para sometelas á nova normativa cun prazo de tres meses para os núcleos delimitados e de 2 anos para os núcleos non delimitados.
Rodríguez incidiu en que a nova Lei de Costas non supón deixar "barra libre" para novas construcións senón que supón "que se recoñezan os núcleos rurais dentro da franxa dos cen metros" e sinalou que "se supera unha inxustiza histórica e unha cerrazón do PSOE".
FUTURO DE ENCE
Ambos os dous dirixentes populares indicaron que numerosas empresas na provincia de Pontevedra se verán beneficiadas por esta nova normativa. Fixeron referencia a numerosas conserveras e, en concreto, á fábrica de Cuca.
"La Ley no se ha hecho para una empresa concreta"
Ao preguntárselle sobre se a Lei abre a porta para que ENCE permaneza na ría pontevedresa tras 2018, Román Rodríguez sinalou que "non se pode xogar a futuribles. Haberá que ver que sucede dentro de cinco anos. O informe da Xunta será determinante e será feito por técnicos imparciais e aínda que non é vinculante ao 100%, porque a última palabra é do Estado, si vai ser absolutamente vinculante".
Dores Pan engadiu que "la Ley no se ha hecho para una empresa concreta sino para aquellas que actúan como motor económico de la zona". Ademais apuntou que "no se beneficia a ninguna con nombre y apellidos sino a muchas".
Os populares criticaron ao goberno local de Pontevedra do BNG-PSOE por non dar prioridade a redactar o plan municipal de ordenación urbana e reclaman que se "pongan a trabajar y no continúen con maniobras de dilatación porque va en contra de los vecinos".
Relacionadas:
-
Pontevedra propón o Defensor del Pueblo e o Parlamento que pidan a inconstitucionalidade da Lei de Costas
Por Redacción |
-
A nova Lei de Costas podería provocar en Pontevedra, di Mosquera, unha "desfeita maiúscula"
Por Alejandro Espiño |
-
Sólo se Vilaboa aproba o PXOM salvará os núcleos do litoral
Por Oskar Viéitez |