Gago de Mendoza xa pasea polos colexios de Marín
Por Redacción
Unha das figuras históricas máis importantes de Marín volveu á vida. Gago de Mendoza comezou este martes a súa ronda de visitas polos centros educativos da vila marinense para mostrar as súas fazañas aos nenos e nenas do municipio.
Esta visita teatralizada, que comezou pola EEI Nosa Señora do Carme e pola EEI O Grupo, terá continuidade ata o próximo 18 de decembro no resto dos colexios de Marín.
O recreado Gago de Mendoza narrou ao alumnado destas escolas a súa fazaña como líder das Alarmas do Morrazo na batalla contra os franceses.
Esta actividade forma parte dunha iniciativa impulsada pola concellaría de Cultura de Marín, que comezou co deseño dunha banda deseñada e que agora remata con esta actividade escolar.
Ambas iniciativas contan co apoio da Deputación de Pontevedra, que lle outorgou ao Concello unha subvención para a dinamización lingüística.