Este Nadal saborea Rías Baixas
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva presentou este martes a nova campaña de promoción turística "Este Nadal saborea Rías Baixas".
Está enmarcada como a última acción do ano dentro da iniciativa "Fame de experiencias" desenvolvida ao longo de todo este ano. Nas vindeiras semanas será presentada a nova acción promocional da Deputación para 2020 que será "creativa, moderna, especial", avanzou Carmela Silva.
Nesta ocasión, pensada especialmente nos agasallos do Nadal, chega una campaña con cinco propostas experienciais.
"Estrelas nos fogóns" anima a degustar unha gastronomía de fama internacional cos mellores xefes de cociña que teñen Estrela Michelín. "De mercado en mercado" suxire aos visitantes que proben os saborosos produtos dos mercados tradicionais e "O mundo do viño" e "Escancia a mellor sidra" a visitar as adegas da Ruta do Viño e os lagares de sidra, finalmente "Mariscadoras por unhas horas" quere que vivan en primeira persoa como as produtoras locais extraen do mar e a terra unha materia prima de excelencia.