Un mozo de 17 anos, ferido nun accidente en Cambados
Por Redacción
Un mozo de 17 anos resultou ferido na noite deste luns nun accidente de tráfico rexistrado na avenida de Vilariño, en Cambados.
O ferido é veciño de Ribadumia e tivo que ser evacuado ao Hospital do Salnés por unha ambulancia do 061. Presentaba, segundo fontes dos servizos de emerxencias, dor cervical e lumbar.
O accidente produciuse á primeira hora da noite deste luns e consistiu na colisión entre un turismo e unha moto. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local e o servizo de emerxencias de Cambados.