Marín e Poio súmanse á campaña especial de control de alcol e drogas da DGT
Por Redacción
As policías locais de Marín e Poio súmanse entre este luns e o domingo 15 de decembro á campaña impulsada pola Dirección General de Tráfico para a vixilancia de alcol e drogas na condución.
A campaña realízase a nivel estatal e supón a realización de controis exhaustivos que poderán facerse calquera hora do día ou da noite, con especial incidencia nas zonas de lecer nocturno.
Os axentes das policías locais de ambos os municipios realizarán eses controis nas vías urbanas mentres que nas vías interurbanas cuxa xestión corresponde á agrupación de Tráfico da Garda Civil serán eles os encargados de facer eses controis.
Os obxectivos desta campaña son garantir a seguridade de todos os veciños das rúas e estradas de todos os municipios, incluída a dos propios infractores; protexer os bens públicos e privados de danos por accidentes causados por condutores baixo a influencia de alcol ou substancias estupefacientes: e sensibilizar aos condutores sobre o risco potencial que supoñen se conducen baixo a influencia de alcol ou substancias estupefacientes e as posibles consecuencias se conducen nestas circunstancias.
As policías locais e a DGT lembran que conducir cunha taxa de alcol superior á permitida ou con presenza de drogas no corpo pode supor unha sanción de ata 1.000 euros e a retirada de entre 4 e 6 puntos do carné de conducir.
No caso de que a taxa de alcol sexa superior a 0,60 miligramos de alcol por litro de aire expirado, resultaría unha infracción penal.
Relacionadas:
-
A Policía Local de Marín pecha o ano con máis de 1.200 denuncias por infraccións de tráfico
Por Redacción |
-
Sete positivos en noventa minutos de control de tráfico en Marín
Por Redacción |
-
Poio premia o mellor lema da semana da mobilidade
Por Redacción |
-
Tráfico intensificará durante a próxima semana a vixilancia de consumo de alcol e drogas
Por Redacción |