Un bulldog inglés, mellor can da III Exposición Nacional Canina de Ponte Caldelas
Por Redacción
O Bulldog Inglés CH Bulls Camelot Avalon The Legendary fíxoxe este sábado co título de Best In Show da III Exposición Nacional Canina de Ponte Caldelas.
O pavillón polideportivo de Chan da Barcia acolleu este certame, no que tamén resultaron galardonados o Bulldog Francés atigrado Corona y Manto Elvira (2º Best In Show) e o Biewer Zhador Dior Super Star.
Na categoría de cachorros levou o Best In Show o Bulldog Inglés Fat Puppy’s Netflix at Xirabulls; na de Jóvenes o Best In Show foi para o Bulldog Inglés Marta del Truebano de Garabiza; na de Baby foi para o Staffordshire Bull Terrier Stylestaff Northern Lights; e na de veteranos foi para o American Staffordshire Terrier Karballido Staffs Gee Gee.
Durante a tarde do sábado tivo lugar o campeonato nacional de Bulldogs e este domingo a partir das 10.00 horas, será a III Exposición Internacional Canina de Ponte Caldelas, na que se darán cita exemplares que contan con recoñecidos títulos a nivel internacional.