Ciudadanos pide que o Concello recupere para uso cultural o Pazo de Mugartegui e o Café Moderno
Por Redacción
O concelleiro de Cidadáns, Goyo Revenga, demanda ao Concello que habilite salas para uso cultural no centro de Pontevedra. Indica que a meirande parte das actividades de carácter cultural se desenvolven en espazos de xestión privada e tamén en sedes da Deputación de Pontevedra ou que ocupa a Universidade de Vigo, como é o caso da Casa das Campás.
Indica que outros espazos municipais, como a Casa da Luz, carecen de horarios de apertura incompatibles coas necesidades dos eventos culturais ao pechar ás 20.30 horas.
Por este motivo reclama que o goberno local negocie con Afundación para recuperar o uso público da sala de cultura do Café Moderno. Sinala que actualmente a entidade cobra polo seu aluguer cifras que obrigan a particulares e colectivos sen ánimo de lucro a non solicitar este espazo.
Tamén propón a recuperación do Pazo de Mugartegui, de propiedade municipal e que actualmente é sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, como lugar para programar exposicións, conferencias ou concertos. Goyo Revenga afirma que na actualidade atópase infrautilizado e pechado á cidadanía.