Por un Nadal con xoguetes sen estereotipos de xénero
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva presentou este xoves a campaña: "Este Nadal, xoguetes sen estereotipos de xénero" coa que se pretende "romper o muro dos prexuízos" para fomentar que as novas xeracións crezan xogando "de forma igualitaria, inclusiva e respectuosa da diversidade, e ademais de forma non violenta".
En rolda de prensa Carmela Silva subliñou que "os xoguetes e os xogos non teñen xénero". Para Silva, "hai unha clara irresponsabilidade social en non tomar en serio o que ten que ver co mundo do xogo e do xoguete".
Amais da difusión en medios, a campaña estará presente en mupis e se decorarán con vinilos dous autobuses urbanos en Vigo.