Bertín, o avó do CAAN, xa ten novo fogar en Cotobade
Por Redacción
A historia de Bertín, o avó do CAAN, por fin ten un final feliz. Este mestizo desfruta xa no seu novo fogar en Cerdedo-Cotobade, onde foi trasladado polo persoal do centro despois de pasar os seus primeiros seis anos de vida nas instalacións da Armenteira.
Foi Elisa, unha muller de 63 anos veciña de Valongo, a que decidiu adoptar a Bertín. Recibiuno acompañada da súa sobriña neta Mariña.
A historia de Bertín é unha máis dos moitos cans que seguen a ser abandonados.
Chegou ao CAAN en abril de 2013, con apenas un mes de vida. Foi só tres días despois da apertura do centro. Apareceu abandonado, aínda que en bo estado de saúde, na Praza Maior de As Neves. Se ben ao principio era asustadizo e desconfiado, na actualidade tiña moi bo carácter, segundo destaca o persoal do centro.
O veterinario xefe do CAAN, José Luis Pedreira, subliñou tamén que Bertín "é o can máis especial que tiñamos" e indicou que é seguro que o animal se acostumará enseguida ao seu novo fogar porque "a unha situación mellor nos adaptamos sempre, os animais tamén".
No centro atópanse preto de 450 cans á espera da adopción. Cara este Nadal, a Deputación acaba de lanzar unha nova campaña de sensibilización baixo o lema "Esteriliza, adopta", que pretende facer fincapé na tenza responsable dos animais, así como na adopción fronte á compra.
Relacionadas:
-
Aumentan as adopcións de cans do Centro de Acollida da Armenteira
Por Redacción |
-
Rexístranse máis de tres abandonos de cans a diario na provincia
Por Redacción |
-
A recuperación de Salo, un Yorkshire abandonado en pésimas condicións que se pode adoptar
Por Redacción |
-
"Apro" leva toda a súa vida vivindo na canceira
Por Redacción |
-
Arroxan catro cachorros a un contedor de lixo en Vilanova de Arousa
Por Redacción |
-
A Deputación lanza unha campaña para fomentar a tenza responsable dos animais
Por Oskar Viéitez |
-
O centro de acollida animal da Armenteira leva recollidos 994 cans neste 2019
Por Redacción |