Ponte Caldelas recibirá o 2020 cunha gran festa amenizada pola orquestra Gran Parada
Por Redacción
A orquestra Gran Parada será nesta ocasión a encargada de poñer a música á entrada de ano na carpa que, un ano máis, o Concello de Ponte Caldelas colocará na Praza de España para que os veciños celebren xuntos a chegada do 2020.
Esta festa de fin de ano é a quinta vez que se celebra en Ponte Caldelas e é de asistencia gratuíta.
O goberno municipal destaca que a festa comezará á unha da noite e estenderase ata ben entrada a madrugada.
Ao igual que nas anteriores edicións, o Concello asegura que está garantido o bo ambiente e a boa música para que toda a veciñanza poida gozar dunha noite especial acompañada de amigos e veciños no seu propio concello.
Relacionadas:
-
RADIO.- Si, víchela en Pontevedra e empezou a cantar na rúa para superar o medo escénico
Por Marisa Ciordia |
-
Festa ata o amencer en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Os nenos acenden o Nadal en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Unha árbore de dez metros, novidade da iluminación de Nadal en Ponte Caldelas
Por Redacción |