Trece detidos e un investigado no último operativo antidroga en Pontevedra, O Vao e Arousa
Por Natalia Puga & Cristina Saiz
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A operación antidroga desenvolta de forma conxunta pola Garda Civil e a Policía Nacional durante a xornada deste luns en distintos puntos da cidade de Pontevedra, o poboado chabolista do Vao de Arriba, distintos lugares da comarca de Arousa e A Estrada deixou un balance provisional de trece persoas detidas e unha investigada -un menor de idade- por delitos contra a saúde pública.
De momento, non se realizou un balance oficial do operativo, pero, segundo os datos aos que tivo acceso PontevedraViva, en total rexistráronse durante a xornada deste luns 14 rexistros con orde xudicial noutros tantos domicilios e locais comerciais.
A persoa investigada e catro das tres detidas foron postas en liberdade xa durante a xornada deste luns e outras nove agardan en distintas dependencias policiais a súa posta a disposición xudicial, que se producirá previsiblemente este mércores.
O operativo continúa aberto, pero a parte principal do mesmo xa se desenvolveu. De momento, incautáronse pequenas cantidades de droga, case insignificantes, pero o achado da substancia non era o principal obxectivo dos investigadores.
Nos rexistros realizados interviñéronse máis de 100.000 euros e sete vehículos, así como diversos útiles habitualmente utilizados para a manipulación e pesada de substancias estupefacientes, máquinas para contar diñeiro e dispositivos móbiles e electrónicos.
As dúas partes máis vistosas do operativo desenvolvéronse no poboado do Vao de Arriba en Poio e o Paseo de Colón de Pontevedra -no interior dun domicilio-, pero tamén houbo rexistros noutros puntos da cidade do Lérez como a avenida de Lugo ou a rúa Virxe do Camiño. En concreto, nesta rúa fíxose un rexistro nunha tenda rexentada por unha das persoas arrestadas en Poio.
A macro operación implicou o despregamento dun amplo dispositivo da Garda Civil e a Unidade de Delincuencia e Crime Organizado ( Udyco) da Policía Nacional, que implicou a distintas unidades da Comandancia pontevedresa como a Unidade de Seguridade Cidadá (Usecic) ou cans o servizo cinológico, así como tamén un helicóptero que sobrevoou O Vao desde as sete da mañá.
Relacionadas:
-
Nove detidos nun operativo contra o trapicheo de drogas no Vao de Arriba
Por Natalia Puga & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
A Policía Local de Poio mantén abertas as pesquisas para localizar os responsables dos roubos na Caeira
Por |
-
Decretan prisión provisional para cinco das persoas detidas na redada do Vao
Por Redacción |
-
Espectacular intervención nun piso de Paseo de Colón dentro da operación antidroga do Vao
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Un operativo antidroga volve poñer o foco no Vao de Arriba e chega ao centro de Pontevedra
Por Redacción & Cristina Saiz | Creada e actualizada