Medio Ambiente completará a comezos de 2020 o itinerario da Vía Verde do Salnés
Por Oskar Viéitez
A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, trasladoulle este luns ao alcalde de Portas, Ricardo Martínez Chantada, que o departamento que dirixe iniciará nos primeiros meses de 2020 as obras da Ponte de ferro sobre o río Umia ao seu paso por Portas para completar o itinerario da Vía Verde do Salnés.
Ángeles Vázquez recibiu ao popular Ricardo Martínez, ao que lle recordou a necesidade de dispoñer dos terreos aos que afectan esta actuación, como paso previo ao inicio dos traballos, que consistirán no levantamento de pequenos tramos da vía, retirada de barandillas metálicas, que presenten deficiencias, chapas e estruturas auxiliares, para definir muros e a instalación de tarimas de madeira e a limpeza e repintado de estruturas metálicas.
O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou o pasado venres unha moción do Partido Socialista na que se solicitaba á Consellería de Medio Ambiente que "licite e execute canto antes" o tramo pendente da Vía Verde do Salnés para que a totalidade do itinerario estea dispoñible como recurso turístico durante o ano 2020
Este luns a conselleira indicou que estes traballos que financiará ao 100% a Xunta de Galicia en Portas correspóndense co tramo que quedou excluído das obras que financia a Deputación de Pontevedra e que supoñen a segunda fase deste "proxecto de reciclaxe".
Así, a actuación que asume a Xunta permite completar as melloras neste itinerario, que se converte na primeira vía verde ferroviaria de Galicia e ao que se pretende dar un novo uso á liña de ferrocarril que une Vilagarcía de Arousa e Portas e poñer en valor este "itinerario ambiental, paisaxístico, turístico e patrimonial".
Relacionadas:
-
A Vía Verde como exemplo de colaboración interinstitucional
Por Oskar Viéitez |
-
A primeira Vía Verde de Galicia xa é unha realidade no Salnés: "esta provincia volve ser referencia"
Por Redacción |
-
A Deputación aprema á Xunta para que inicie os traballos na Vía Verde do Salnés
Por Oskar Viéitez |
-
Medio Ambiente reitera o seu apoio económico coa primeira Vía Verde do Salnés
Por Redacción |
-
As máquinas empezan a traballar no medio dun novo capítulo do "culebrón da Vía Verde do Salnés", que xa dura dous anos
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |