O martes pecha ao tráfico Echegaray e o mércores, Arcebispo Malvar
Por Redacción
O Concello de Pontevedra ven de anunciar dous cortes de tráfico na cidade.
Asi, para o martes 3 de decembro está previsto un corte de tráfico na rúa Echegaray con horarios de peche de 9:15 a 13 horas, e de 15 a 19 horas.
O acceso a garaxes realizarase pola rúa Maestranza. O motivo do corte débese á instalación dunha tubaxe dentro das obras de reforma da rúa.
Para o mércores 4 de decembro está previsto outro corte por mor da reparación urxente do pavimento na rúa Arcebispo Malvar.
Precisase pechar a rúa no tramo comprendido entre a rúa Galera e a rúa Condesa Pardo Bazán, en horario de 8:30 ás 13:30 horas.
O acceso de residentes e servizos cara a rúa Condesa Pardo Bazán, realizarase dende a rúa Alameda, polas rúas Doctor Marescot, Prudencio Landín e Arcebispo Malvar.