Maniatan o empresario Manuel Nores xunto a súa esposa para roubar na súa vivenda en Marín
Por Redacción
Dous asaltantes entraban na vivenda do armador marinense Manuel Nores González, de 88 anos, durante a madrugada deste venres 29 de novembro. Fontes da Policía Nacional confirmaban que os individuos accedían á casa situada no centro urbano de Marín mentres o empresario e a súa muller atopábanse durmindo no domicilio.
Os asaltantes maniataron o matrimonio e, a continuación, revolvían nas diferentes estancias do inmoble e facíanse cun botín de diñeiro en efectivo aínda por cuantificar e xoias. O empresario e a súa muller non sufriron feridas de consideración, segundo as mesmas fontes.
Ao longo da mañá, a Policía Nacional está a realizar pescudas e recollendo probas na contorna da vivenda para tentar localizar aos autores deste asalto.
Manuel Nores é o fundador do Grupo Nores, unha das empresas máis importante do porto de Marín, con máis de 300 traballadores en persoal e con movemento de produtos exportados internacionalmente a máis de 60 países.