Entrega dos terceiros Premios Provinciais á Xuventude, marcados polo talento e o optimismo
Por Cristina Saiz & Redacción
A Deputación de Pontevedra acollía este xoves a entrega dos terceiros Premios Provinciais á Xuventude nunha gala na que 17 mozas e 12 mozos de Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Moraña, Mos, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Salvaterra, Tomiño, Valga e Vigo recibían os galardóns, que foron elaborados pola Escola de Cantería da Deputación Provincial.
A escritora Sivia Pena, vestida cun traxe deseñado por Miriam Cartagena, alumna de ESDEMGA, foi a encargada de presentar este evento cargado de optimismo no que a presidenta provincial Carmela Silva destacou o talento que exite na provincia de Pontevedra. Neste sentido, incidiu na revolución cultural que se desenvolve e que leva nome de muller.
Entre os premios destacou na categoría de 'Iniciativa social' o primeiro premio que obtivo ArteCalavera polo seu proxecto 'Voces ocultas' que desenvovle en colaboración con diferentes colectivos de persoas con diversidade funcional e cerebral. Esta entidade foi a gran triunfadora desta gala con catro galardóns polo seu proxecto Estudo Bonobo, alternativa formativa que busca o fomento das artes e da creatividade a través de proxectos de carácter social.
En 'Educación en Valores', o alumnado de primeiro e cuarto da ESO do IES Illa de Ons, de Bueu, gañaba o premio polo proxecto 'Miserábeis'. En 'Contido Dixital', o primeiro premio quedaba deserto por decisión do xurado e o segundo foi a mans de ArteCalavera S.C. (Pontevedra) por Bonbo Live Sessions.
En relación ao 'Traballo Musical', en música clásica, o primeiro premio foi para Nuria Casa Suárez (Pontevedra) por 'Suite Neo Clasique 1: Prelude' e o segundo para Sara Mínguez (Vigo).
Noutros xéneros musicais, o primeiro premio tamén foi para ArteCalavera S.C. (Pontevedra) por 'A Miña Maneira'. En 'Traballo literario', o gañador foi Brais Suárez González (Vigo) por 'Murmansk, viaxe ao final do día', e o segundo premio levouno María José Argibay (Ponte Caldelas) por 'Eu quería fregar'. En poesía, Rebeca López Vilar (Vigo) gañaba con 'Antracita en los Pómulos' e o segundo era para Belén Viéitez Ferradáns (Moraña) por 'Ourizo'.
En 'Fotografía', a serie fotográfica gañadora foi a presentada por Claudia Gómez (Pontevedra), co título 'Os ollos da rúa', e o segundo premio é para Iago Manoel Souto (Ponte Caldelas) por 'A realidade paralela' e para Helena Constela Lorenzo (Poio) por 'Estelas'. En canto á fotografía o primeiro premio levábao Rosa Pardal Aragunde (Valga) por 'Habitación Nº E', e o segundo foi para Helena Constela, de Poio, nesta ocasión por 'Hora de Xantar'.
Por último, en 'Deseño e Moda', o primeiro premio recaía en Ángel López Pérez (Marín) por 'Los Mensajeros', un proxecto que promove a esperenza en relación coa tecnoloxía.