Bicos, aclamacións e apertas á chegada de Elcano a Marín
Por Oskar Viéitez
O Buque escola "Juan Sebastián de Elcano" atracou ás oito e media da mañá deste sábado no Peirao de Torpedos da Escola Naval Militar onde permanecerá ata o próximo mércores 17 de xullo completando así o seu 84 cruceiro de instrución.
Á súa chegada foi recibido polo Comandante director da Escola Naval, o capitán de Navío Juan Luis Sobrino, os oficiais profesores, o batallón de alumnos, a banda de música e os familiares e amigos dos 69 gardamarinas embarcados das promocións 414 do Corpo Xeral e 144 de Infantaría de Mariña.
O capitán de navío Alfonso Gómez Fernández ao mando deste bergantín goleta definiu o cruceiro como "muy provechoso y fructífero, hemos estado navegando seis meses, desde el 9 de enero que salimos de San Fernando, nuestra base en La Carraca vinimos a coger a los gardamarinas que iniciaron su crucero el 15 de enero hemos visitado tres continentes, hemos recorrido más de 17.000 millas náuticas y estamos muy felices de estar de vuelta en casa, y haberlos entregado sanos y salvos en su Escuela Naval Militar, y además muy adiestrados".
Construído nos estaleiros "Echevarrieta e Larrinaga" de Cádiz, o buque Juan Sebastián de Elcano, foi botado en marzo de 1927 e entregado á Armada un ano despois, cos seus 86 anos de historia "se ha comportado muy bien" señaló el capitán de navío, "hemos pasado por algunos temporales en la primera parte, en los meses de febrero y marzo, llegando también al Canal de la Mancha procedentes de Estados Unidos", recordou Gómez Fernández "pero este barco se comporta muy bien con el mal tiempo, es muy marinero, muy noble y hemos solventado esas dificultades sin ningún tipo de problema".
No persoal o comandante Alfonso Gómez mostrouse convencido de que para os gardamarinas "pasar por el Juan Sebastián de Elcano supone un antes y un después. Yo creo que son más profesionales ahora, están mejor formados en el aspecto humano, social y marinero. Yo creo que ellos mismos están muy satisfecho por el gran salto que han dado todos estos meses".
Como fito principal deste cruceiro de instrución o seu comandante destaca o salto do Atlántico Norte a vela, "un hito sin precedentes porque se hizo exclusivamente a vela" foi dende o porto norteamericano de Newport ata o porto holandés de Den Helder, con motivo da Sail Den Helder 2013.
Anteriormente, o Juan Sebastián de Elcano cruzara tres veces o Atlántico a vela, pero fora no traxecto dende as Illas Canarias ata o mar Caribe. Esta é a primeira vez que se realiza dende América a Europa sen a axuda dos seus motores.
Como sempre á súa chegada á Escola naval Militar de Marín, unha multitude de persoas esperaba os gardamarinas despois de seis meses de cruceiro, noivos e noivas, maridos e mulleres que agardaban impacientes para fundirse nun apaixonado bico ao encontrarse cos seus familiares. Entre as anécdotas unha colorida pancarta na que se lía "Opa Mingolo. Si no traes nada no bajes". Todo o mundo se dirixiu ao gardamarina aludido para saber que obsequios traía para os seus despois de seis meses percorrendo o mundo "Pues no les he traido nada", confesou. Ao final perdoáronllo.
Relacionadas:
-
69 gardamariñas da Escola Naval de Marín embárcanse no 85 cruceiro do Juan Sebastián Elcano
Por Redacción |
-
Escala do Buque Escola "Creoula" da Mariña de Guerra de Portugal en Marín
Por Redacción |
-
O "Elcano" finalizará o sábado en Marín o seu 84 cruceiro de instrución
Por Oskar Viéitez |
-
Cruceiro de instrución abordo do Juan Sebastián de Elcano
Por Oskar Viéitez |