De Pontevedra a Portonovo en vehículo clásico e deportivo
Por Redacción
Unha trintena de vehículos clásicos e deportivos protagonizarán esta fin de semana nunha concentración e un roteiro turístico entre Pontevedra e Portonovo, en Sanxenxo.
Organizado polo Rally Club de Inverno en colaboración coa Concellería de Deportes de Pontevedra, o paseo turístico percorrerá varias pistas dos montes existentes entre Pontevedra e Sanxenxo, ata chegar a Portonovo.
O acto de saída do percorrido será este sábado ás 16.30 horas e contará coa participación dos participantes e tamén do tenente de alcalde e edil de Deportes, Tino Fernández. Asistirán condutores e acompañantes (trátase de parellas, na súa maior parte) procedentes de diferentes puntos de Galicia, España e Portugal.
Segundo explica o presidente do Rally Club de Inverno, Carlos Alonso, este encontro ten un carácter lúdico, informal e festivo, "como unha reunión entre amigos para celebrar anticipadamente o Fin de Ano".
A intención da organización é converter esta cita nun estímulo "para recuperar a competición automobilística que xa se celebrou varios anos e que chegou a reunir un centenar de coches en Pontevedra". "Sería unha carreira de regularidade e na que participarían coches clásicos", engaden.