As obras do Nó do Pino afrontan as súas últimas semanas
Por Oskar Viéitez
Segundo fontes oficiais do Ministerio de Fomento nas próximas semanas esta previsto o remate das obras de reforma do Nó do Pino.
A partir deste luns intensificaranse os labores de asfaltado nos viais que quedan pendentes. Nalgúns casos será necesario colocar diversas capas de firmes ata igualar todas as cotas.
Nos últimos días avanzouse na iluminación de todos os viais, elixindo uns deseños que integran ao Nó do Pino co deseño elixido para as luminarias das rúas da última reforma urbana.
A sinalización vertical e horizontal, ou o axardinamento son outras das obras pendentes á empresa Sacyr.
Esta última adxudicataria da reforma recibirá dous millóns de euros do Ministerio de Fomento tras rescindir o contrato con Oca S.A. A primeira contratista acumulou unha débeda de máis de 1,8 millóns cunha vintena de subcontratas. Estas auxiliares tiveron que afrontar quitas de máis dun 40% nas débedas contraídas por Oca.
Se as estimacións dos técnicos de Fomento se cumpren nas próximas semanas poñerase fin a unha macro reforma que empezou no primeiro trimestre 2010 e que tiña un prazo de execución de 34 meses.
Relacionadas:
-
Unha semana despois da inauguración, as chuvias provocan asolagamentos na contorna do novo Nó do Pino
Por Redacción |
-
Denuncian un novo vertido a causa das obras do Nó do Pino horas antes de que Ana Pastor as inaugure
Por Natalia Puga |
-
As subcontratas do Nó do Pino cobrarán tras renunciar ao 40% da débeda
Por Oskar Viéitez |
-
Fomento pagará directamente ás subcontratas na fase final do Nó do Pino
Por Redacción |