Falece Augusto Casal, alcalde de Marín na década dos 90
Por Redacción
Nas últimas horas falecía o ex alcalde de Marín Augusto Casal Sánchez e o Concello amosou as súa scondolencias de maneira institucional a través dun crespón negro.
Augusto Casal, con 71 anos de idade, atopábase baixo tratamento médico e o seu estado de saúde complicábase durante os últimos días. Ocupou a alcaldía, liderando a candidatura do Partido Popular, entre 1995 e 1999, no mandato en que a actual alcaldesa marinense María Ramallo daba os seus primeiros pasos en política asumindo a concellería de Facenda na corporación.
Casal mantívose moi activo socail e culturalmente tras abandonar a política activa e exerceu como presidente do Liceo Casino de Marín sendo o encargado de entregar as chaves da sede desta institución ao Concello para que acolla as oficinas do arquivo municipal e espazos de adestramento xuvenil.
María Ramallo lamentou a súa perda cunha carta na que relata como foi o seu último encontro e como sempre foi unha persoa da que "gardamos o seu espíritu inquedo, loitador, de compañeiro e de amigo que sempre foi".