Vaipolorío estuda denunciar por delito ambiental as verteduras ao río Gafos
Por Oskar Viéitez
A Asociación Vaipolorío non descarta recorrer aos tribunais para denunciar as verteduras que afectan ao río Gafos que non dubidan en cualificar como "delito ambiental". O colectivo ecoloxista está convencido de que estas verteduras se seguirán producindo mentres Augas de Galicia elabora un novo estudo para tratar de solucionar esta problemática.
A directiva de Vaipolorío entrevistouse este venres co director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, que atribuíu as verteduras a que a cantidade de auga que recibe a rede de saneamento do Gafos é "totalmente desproporcionada nos momentos de chuvia", polo que o organismo autónomo aposta por tratar de "diminuír o volume de augas pluviais que chegan á rede e reducir as infiltracións".
Menéndez xustificou a paralización do convenio que se subscribira co Concello de Pontevedra argumentando que "non se utilizarán recursos públicos en obras que non van solucionar as verteduras" xa que "o colector non é o problema e a obra que se ía executar non ía ser efectiva máis que para mover o punto de alivio, pero as verteduras seguirían producíndose".
O presidente de Vaipolorío, Gonzalo Sancho corroborou que o convenio entre Xunta e Concello "non está roto", senón que Augas de Galicia aposta por realizar un estudo que analice de modo "detallado e minucioso" a situación de toda a rede de saneamento de Pontevedra para "planificar solucións realistas aos problemas estruturais que se encontren". Ese estudo tería unha dotación de 500.000 euros e duraría un ano.
Relacionadas:
-
Os Gafos, suma e segue...
Por Redacción |
-
Unha vertedura tingue de branco o baixo caudal do Gafos
Por Redacción |
-
Vaipolorío e o mito de Sísifo
Por Oskar Viéitez |
-
A APDR esixe que finalicen as verteduras nos ríos Gafos e Lérez
Por Redacción |
-
A Xunta dí que a solución do problema de saneamento do río Gafos é de estrita competencia municipal
Por Redacción |
-
O Concello insístelle a Augas de Galicia que a construción do colector do Gafos é "irrenunciable"
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian a aparición de multitude de peixes mortos no treito urbano do Gafos
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |