Catro fotógrafas pontevedresas desartellan a "nociva mitoloxía do amor romántico"
Por Oskar Viéitez
A "nociva mitoloxía do amor romántico" e o fío condutor dunha exposición das fotógrafas Cristina Saiz, Beatriz Císcar, Lorena Oliver e Cristina Pontanilla, autoras das imaxes que compoñen a mostra itinerante impulsada pola Concellería de Igualdade do Concello de Pontevedra.
A mostra foi inaugurada este martes na Praza de Ourense pero que nuns días tamén recalará na Avenida de Montero Ríos, despois na pasarela da rúa 12 de novembro, e logo percorrerá todas as parroquias do rural.
A concelleira Paloma Castro explicou que esta mostra efímera "feita por mulleres con moitísimo talento" forma parte da programación do Concello polo 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e con ela preténdese incidir "na realidade dun problema cotiá que ofrece unha enganosa visión das relacións entre persoas".
"O mito do amor romántico é a semente das violencias de xénero", indicou a concelleira.
Neste senso a fotógrafa Cristina Saiz confía en que ao ser imaxes tomadas en Pontevedra a cidadanía poida identificar estas condutas nas situacións habituais. Por exemplo, nos seus traballos fala deses matrimonios que aguantan xuntos "sólo por cuestiones religiosas o sociales" e sinala que a metáfora dunha relación non debe ser un cadeado. Pola súa banda, Beatriz Císcar insta "a que no nos cuenten cuentos" para non seguir co mito da rá que se convirte en prícipe azul, e Cristina Pontanilla mira o trato dos membros da parella "non é o mesmo collerte da man que agarrarte da man".
Esta mostra tamén foi xestada coa colaboración da equipa creativa de Polo Correo do Vento.