A Policía identifica cinco menores de idade por envorcar colectores en metade da estrada de Alba
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Nacional de Policía da Comisaría Provincial de Pontevedra procederon á identificación de seis mozos, cinco deles menores de idade, como presuntos autores dun delito contra a seguridade do tráfico.
Os feitos sucederon sobre as 03:40 horas da madrugada de este viernes en día 12 de xuño, cando se recibiu unha chamada na Central da Comisaría Provincial alertando da presenza dun grupo de mozos envorcando colectores e todo tipo de obxectos na estrada PO-225 que une a N-550 entre Santiago e Pontevedra coa que vai a Vilagarcía, PO-531, na parroquia pontevedresa de Alba.
Os axentes dirixíronse inmediatamente ao lugar e á altura do quilómetro 0 da devandita estrada nunha curva moi pronunciada topáronse cun colector de grandes dimensións envorcado sobre a calzada, invadindo a práctica totalidade do carril dereito, procedendo inmediatamente a sinalizar o lugar para evitar calquera tipo de perigo para os usuarios da vía.
Os axentes comprobaron que uns metros máis alá había varias caixas contendo botellas de vidro tirados sobre a calzada co conseguinte perigo para os condutores.
Os axentes identificaron nas proximidades a seis mozos, cinco deles menores de idade. Tras ser identificados foron entregados ao seu respectivos proxenitores.
Unha vez retiraron os obxectos da vía procedeuse a restablecer o tráfico na zona.