A Deputación aproba medio millón de euros para cofinanciar servizos sociais comunitarios de 15 concellos
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra aprobou este venres, na súa Xunta de Goberno, axudas por valor de 486.044 euros para cofinanciar os servizos sociais comunitarios de 15 concellos.
Trátase da primeira relación dos concellos de menos de 20.000 habitantes que asinaron coa Deputación o convenio para garantir a prestación integral e axeitada dos servizos sociais comunitarios municipais e básicos. A cuantía total elévase a 2,5 millóns de euros.
A Deputación cofinancia os gastos derivados da prestación de axuda no fogar, tomando como referencia a media de custe/hora (11,66 euros) do gasto total xustificado por cada concello no exercicio 2012. Tamén os gastos derivados da contratación de personal con perfís profesionais diferentes e complementarios ao da traballadora social, así coma os gastos derivados da retribución do personal dos servizos sociais comunitarios específicos.
Os concellos, pola súa banda, achegarán unha cuantía económica mínima do 20% do orzamento total da suma dos módulos subvencionados.
Os concellos subvencionados son: Barro (27.093), Cotobade (28.401), Meaño (72.547), Ponte Caldelas (34.846), Sanxenxo (43.708), Vilaboa (19.225) y también Arbo, Catoira, Cerdedo, Crecente, Fornelos de Montes, Mondariz, Nigrán, Salceda de Caselas y Soutomaior.