Unha árbore de dez metros, novidade da iluminación de Nadal en Ponte Caldelas
Por Redacción
Ponte Caldelas ten xa todo a punto para o acendido das luces de Nadal e nesta ocasión vén con novidades que farán, segundo o goberno municipal, que a vila conte coa mellor iluminación de Nadal da súa historia.
O acto de inauguración será este venres 29 de novembro ás oito da tarde.
A iluminación estará presidida por unha árbore de dez metros de alto situada a carón da fonte da Praza de España. Ademais, estará tamén a tradicional árbore da Praza do Bispo e haberá unha caixa de regalo que permite o paso polo seu interior e bolas colgantes na Alameda.
Haberá ademais outras sorpresas de iluminación en espazos emblemáticos da vila que, segundo traslada o Concello, se desvelará o propio venres durante o acendido oficial.