O PSOE pontevedrés apoia de maneira maioritaria o acordo de goberno con Unidas Podemos
Por Redacción
Este sábado foi xornada de votación para os militantes do Partido Socialista, que estaban chamados a unha consulta interna para referendar o pacto de goberno subscrito con Unidas Podemos tras as últimas eleccións xerais.
Tratábase dunha consulta a nivel estatal, que por suposto tivo tamén incidencia a nivel local en Pontevedra.
Na sede do barrio pontevedrés de San Roque estaban chamados ao voto 235 militantes socialistas, que apoiaron maioritariamente o acordo asinado entre Pedro Sánchez e Pablo Iglesias.
En concreto 149 militantes exerceron o seu dereito, 22 deles de maneira telemática, dos cales 139 foron favorables ao pacto de goberno, 8 foron negativos e 2 en branco.
Entre os militantes que acudiron a votar presencialmente á sede do PSOE en Pontevedra atopábanse algúns dos cargos da organización como a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, ou o secretario local Tino Fernández.
Relacionadas:
-
As eleccións galegas de 2020, prioridade dun PP que asegura estar "reforzado"
Por Redacción |
-
Carmela Silva considera que o acordo de Goberno entre o PSOE e Unidas Podemos "era unha decisión obrigada"
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE provincial aposta porque nas autonómicas se vai repetir o mesmo resultado destas xerais
Por Redacción |