O PP local, preocupado pola "saturación" do Centro de Información á Muller
Por Redacción
Silvia Junco, concelleira do Partido Popular de Pontevedra, valorou a situación de "saturación" que, entende, vive o Centro de Información á Muller (CIM) da cidade ante a "avalancha" de solicitudes de axuda por casos de violencia machista.
Así o expresou tras visitar as instalacións acompañado do portavoz municipal do PP, Rafa Domínguez, e de Pepa Pardo.
Junco pediu ao goberno local que incremente o seu apoio a este servizo.
"A realidade esixe que o Concello estea á altura das circunstancias. Debemos dotar ao CIM, de titularidade municipal, das ferramentas suficientes para poder facer fronte ao repunte de casos", sinalou a edil popular.
"A loita contra a violencia de xénero é unha das máximas prioridades do PP de Pontevedra", completou cualificando de "fundamental que a Xunta incrementase a partida orzamentaria necesaria destinada a axudar ás vítimas de violencia de xénero", casos ante os que pide tolerancia cero.