Cuntis quere adherirse ao pacto de alcaldes polo clima
Por Redacción
O Concello de Cuntis ten intención de adherirse ao pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía, dando un paso á fronte na súa política ambiental.
Esta iniciativa será levada ao próximo pleno municipal para a súa aprobación, avanza o goberno local.
Este pacto consiste no compromiso das cidades asinantes de ir máis aló dos obxectivos adoptados para o ano 2020 pola UE para reducir as emisións de CO2.
A maneira de cumprir co compromiso exponse a través de medidas de eficiencia enerxética, de accións relacionadas coa promoción das enerxías renovables e da mobilidade urbana sustentable.
Outro dos obxectivos pasa por involucrar ás autoridades e aos cidadáns no desenvolvemento e a aplicación da política enerxética da Unión Europea.