Proteccións para as columnas do renovado pavillón Multiusos
Por Redacción
O Concello de Pontevedra investirá 4.527,82 euros en acometer unha pequena mellora no renovado pavillón Multiusos da Xunqueira.
En concreto a concellería de Deportes ten previsto instalar protección en 22 columnas do citado pavillón co obxectivo de mellorar a seguridade dos deportistas.
En concreto instalaranse 14 proteccións para columnas redondas de caucho sintético celular recuberto de lona de PVC, de cor negra e un perímetro de 1.350 milímetros e doutras 8 idénticas cun perímetro de 1600 milímetros.
Os traballos, informa o goberno local, iniciaranse esta próxima semana.
"Supoñerá unha pequena mellora para unhas fantásticas instalacións deportivas en cuxa reforma foron investidos case dous millóns de euros e que cada fin de semana empregan máis de 1.500 xogadoras e xogadores de balonmán, fútbol, baloncesto, voleibol e fútbol sala", sinalou respecto diso o edil Tino Fernández.