Sanidade inviste 78.000 euros en melloras nos centros de saúde de Baltar, O Grove e o Virxe Peregrina
Por Redacción
A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés finalizou obras de reforma e mellora en tres centros de Atención Primaria.
Segundo sinala, Sanidade destinou unha partida de 78.000 euros en melloras dos centros de saúde de Baltar en Portonovo, o do Grove e o Virxe Peregrina de Pontevedra.
No primeiro deles destináronse 14.000 euros para substituír a cuberta de entrada ao PAC e a colocación de novas xanelas no mesmo Punto de Atención Continuada. No Grove pola súa banda investíronse 34.000 euros para a construción de catro novas consultas e unha sala de espera.
Por último no Ambulatorio Virxe Peregrina de Pontevedra substituíuse un transformador eléctrico e a porta principal e rehabilitouse o seu vestíbulo, neste caso cuns traballos a punto aínda de finalizar e que custaron 30.000 euros.
Estes investimentos efectuáronse por un suplemento de crédito do superávit de 2018 autorizado polo goberno galego, segundo sinalou a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.