Envorca un camión cargado con botellas de auga na rotonda de Vilariño (Cambados)
Por Redacción
Espectacular accidente en Cambados. O condutor dun camión que portaba botellas de auga resultou ferido este venres tras envorcar o vehículo que conducía. Segundo informa o servizo de Urxencias do 112, o suceso produciuse sobre as 7.58 horas na rotonda de Vilariño, xusto na saída da vía rápida.
O camión, por causas que investiga a Garda Civil de Tráfico, precipitouse ao interior da rotonda deixando caer gran parte da carga de botellas de auga que portaba.
Foi un particular o que deu a voz de alerta. "El camión perdió el control como si su conductor se hubiera quedado dormido", sinalaron algunhas testemuñas presenciais, pero polo momento descoñécense as causas do accidente.
Ata o lugar dos feitos desprazáronse efectivos de Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil de Cambados.
A causa do accidente, fontes do 112 explicaron que se produciu unha pequena fuga no depósito do camión, que puideron cortar os propios efectivos que se trasladaron ata o lugar dos feitos, sen que se produciran maiores complicaciones.