Cuntis ponse 'en negro' contra a violencia machista
Por Redacción
Como cada 25 de novembro, Cuntis organiza unha ampla programación de actividades para conmemorar o día internacional da eliminación da violencia contra a muller.
Nesta ocasión, as actividades comezaron coa exposición Con mans de muller, que pretende mostrar a través de 25 imaxes as historias de vida de mulleres do rural e busca ser unha ferramenta de divulgación cultural que traspase as catro paredes dun espazo permanente e chegue á cidadanía.
Un coloquio sobre a Resistencia de Nicaragua dende o exilio, impartido pola activista Georgina de los Angeles Molina Rivera e a xornalista Tamara Iyas Morales Orozco, encherá de actividade a Casa da Cultura Roberto Blanco este venres día 22.
Xa o domingo 24 organizarase un roteiro no que se repartirán agasallos serigrafiados co lema Cuntis en Negro, que rematará no castro de Castrolandín cun acto.
E para rematar, o luns 25, terá lugar na Praza da Constitución a lectura do manifesto para concluír unha programación que pretende concienciar e combater a violencia de xénero na sociedade actual.
Este programa ten ademais unha parte dedicada á xente máis nova con actividades no colexio Aurelio Marcelino Rey García, no Programa Cuntilín e no Espazo Xove.
Relacionadas:
-
Paso firme dun Cuntis 'en negro' contra a violencia machista
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade amosa a súa "total repulsa" ante a violencia de xénero
Por Redacción |
-
Campo Lameiro converte á veciñanza en protagonistas dun vídeo contra a violencia machista
Por Redacción |
-
As voces das avoas galegas e as súas experiencias, protagonistas en Cuntis na acción de Violencia Zero
Por Redacción |
-
Novo servizo para loitar contra a violencia machista no Concello de Cuntis
Por Redacción |