Veciños de Seixo piden ao Concello que abra un centro de día público
Por Redacción
A apertura dun centro de día público ou un reforzo das labores asistenciais aos maiores da vila, especialmente no ámbito rural. Son dúas das principais medidas que solicitaron os veciños de Seixo ao goberno municipal nunha xuntanza presidida pola alcaldesa de Marín, María Ramallo.
A rexedora avanzou que ese centro público tamén forma parte da axenda de traballo do Concello e comprometeuse a estudar a forma de financialo.
Con respecto ás infraestruturas, Ramallo informou aos veciños do estado actual no que se atopa o proxecto de reforma integral do Camiño Vello, actualmente en tramitación.
Nesa mesma situación está a humanización do entorno do mercado de Seixo, pola que preguntaron os colectivos da parroquia.
O Concello comprometeuse a estudar todas estas peticións e a revisar o fluxo circulatorio nalgunhas zonas da parroquia, para mellorar a situación viaria de Seixo.
Finalmente, comentouse tamén a posibilidade de poñer en valor algunhas pezas patrimoniais salientables, entre eles os numerosos cruceiros que hai en Seixo.