Aproban o pagamento dunha produtividade aos funcionarios por exceso de traballo
Por Redacción
O exceso de traballo que acumularon os funcionarios municipais durante os meses de maio e xuño será recompensada co abono dunha paga de produtividade. Así llo comunicará o goberno municipal aos representantes dos traballadores do Concello.
Na xuntanza, que se celebrará este venres, a responsable de Persoal, Carmen Fouces, trasladará a proposta de bonificar a todos os traballadores que tiveron que facer fronte a unha carga laboral excesiva neses meses.
Acumularon moito traballo, segundo o Concello, polas consecutivas citas electorais, coa constitución da nova corporación e cos cambios e creación de novas tarefas que isto supuxo.
A esta situación se sumou a imposibilidade de poder facer uso de traballadores interinos para cubrir baixas que se rexistraron durante ese período, xa que as listas estaban esgotadas, así como para dotar as peticións de reforzo dos distintos servizos.
Isto último foi unha situación temporal, xa que nos últimos seis meses se puxeron en marcha todos os procesos selectivos necesarios para dotar as listas de persoal suficiente para nomear novos reforzos e interinos e xa se poden cubrir as vacantes temporais dos diferentes servizos.
A proposta do goberno supón o reparto de 270.000 euros que, a diferenza doutras pagas, non será lineal para todos os traballadores senón que será porcentual ao complemento de destino.
Os detalles da oferta xa foron trasladados á presidenta da Xunta de Persoal e á presidenta do comité de empresa nun encontro informal que mantivo con elas Carmen Fouces esta semana.
Relacionadas:
-
Pontevedra incorpora 14 novos funcionarios ao persoal municipal
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Os sindicatos dan o seu 'visto bo' á paga de produtividade no Concello
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez ofrece axuda á xunta de persoal do Concello nas súas reivindicacións laborais
Por Redacción |
-
Revolución na xunta de persoal do Concello tras as eleccións sindicais
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |