Esta fin de semana a illa da Toxa acollerá o campionato de tiro ao pombiño
Por Oskar Viéitez
Esta cita sempre estivo rodeada dunha forte polémica que enfronta a colectivos ecoloxistas cos empresariais.
Segundo o calendario, a competición de tiro a voo arranca os días 13 e 16 coa chamada "Tirada Social", dotada con 36.000 euros en metálico e 12.000 euros en trofeos de prata.
Do 17 ao 21 de xullo é a "Tirada Federativa Nacional", dotada con 100.000 euros en premios fixos.
A Xunta de Galicia a través da secretaría xeral para o Deporte mostrou o seu apoio ao evento, ao igual que dende o Concello do Grove, conscientes dos beneficios que xera para o conxunto da economía local.
Dende a organización aspiran a reunir preto de 250 tiradores, nacionais e internacionais, unha participación que dista moito das convocatorias anteriores á crise cando se superaba o medio millar de escopetas.