A campaña dixital #RachemosCoaIndiferenza promove un cambio social contra a violencia de xénero
Por Redacción
A través dunha imaxe e un slogan coa produción de tres vídeos, o Grupo de Desenvolvemento Rural ( GDR) Pontevedra Morrazo inicia unha campaña en distintas redes sociais co obxectivo de que os 13 concellos vinculados a este colectivo sensibilicen á poboación acerca da violencia de xénero e ademais se ofreza información sobre os recursos e os servizos de apoio existentes.
O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemente Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, participaba na presentación da campaña dixital #RachemosCoaIndiferenza que se realizaba este mércores na Casa da Luz coa presenza de Miguel Anxo Fernández Lores, como presidente do GDR e alcalde da cidade e Ana Ortiz, secretaria xeral da Xunta de Galicia en Pontevedra.
A campaña conta cun orzamento próximo aos 4.000 euros destinados ao deseño e realización do material destinado a promover un cambio social co obxectivo de lograr unha sociedade igualitaria entre homes e mulleres principalmente no ámbito rural.
Nin boca pechada, nin darlle as costas nin cruzarse de brazos; con estas mensaxes desde a GDR Pontevedra Morrazo lóitase contra a indiferenza social ante os casos de violencia de xénero e a través da web deste grupo se poderán consultar os teléfonos de atención á muller, servizos de asistencia ou calquera outra información de interese relacionada cos municipios que forman parte da zona Pontevedra e O Morrazo.
Relacionadas:
-
O financiamento europeo e a bipolaridade demográfica en Galicia centran o primeiro foro de desenvolvemento rural do GDR Pontevedra e O Morrazo
Por Redacción |
-
Peregrinaxe para "rachar coa indiferenza" cara á violencia de xénero
Por Redacción |
-
O municipio xa viste de negro contra a violencia machista
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
33 denuncias por violencia de xénero na provincia durante a primeira quincena de novembro
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |