Cuntis celebra os 110 anos de vida da súa veciña máis lonxeva
Por Redacción
No lugar de Laxos, Cuntis, este martes era día de celebración.
Non era para menos, e é que a veciña máis lonxeva do municipio cumpría nada menos que 110 anos.
Josefina Villaverde Fontenla, nacida o 19 de novembro de 1909, recibiu na súa casa a visita do alcalde, Manuel Campos, e das concelleiras Conchy Campos e Ana Loureiro, con quen compartiu un agradable intre.
Trátase dunha persoa, recoñece o Concello, que sempre estivo moi implicada na vida diaria do municipio.
A pesar da súa idade Josefina, que segue gozando de boa saúde, non perde o sentido do humor. Así o demostrou ao pedirlles aos representantes do goberno local que dentro de 12 meses volvesen vela cun ramo de rosas, segundo confirmaron os seus convidados.
Relacionadas:
-
O PSOE despide á cuntiense Josefina Villaverde, a súa afiliada máis lonxeva con 110 anos
Por Oskar Viéitez |
-
Homenaxe en Cuntis a Maximiliano Domínguez, o segundo home de maior idade do municipio con 106 anos
Por Redacción |
-
Unha veciña de Arcos de Furcos, en Cuntis, celebra o seu 103 aniversario
Por Redacción |