Finaliza o asfaltado da estrada rural de Mimáns
Por Redacción
As obras de mellora da estrada rural de Mimáns, que une os núcleos de Ameal e Ruanova, na parroquia marinense de Campo, afrontan estes días a súa recta final.
Os operarios encargados dos traballos finalizaron este martes o asfaltado de viario, quedando só o remate das cunetas.
Desde o Concello de Marín o concelleiro Pablo Novas recoñeceu o seu desexo de "que pronto podamos acabar cos traballos", ao tratarse dunha estrada moi utilizada polos veciños.
Neste proxecto, adxudicado á empresa Fechi SL, invístense 34.707,83 euros, dos cales o 80% corresponden á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o resto aos fondos propios da administración local.