Preto de 400 figuras de luz iluminarán o nadal en Sanxenxo
Por Redacción
Sanxenxo continúa ultimando a programación de Nadal que, un ano máis, terá como gran fito o aceso da iluminación que decorará as rúas e prazas máis representativas do municipio. O Concello informou que as luces se acenderán o 28 de novembro.
Esta iluminación, que estará colocada ata o 12 de xaneiro, está practicamente instalado. 378 figuras iluminarán as vías que unen cada rotonda, as prazas e rúas de maior afluencia e os núcleos das sete parroquias de Sanxenxo.
A decoración estará baseada en cores e motivo do Nadal, pero con figuras diferentes segundo a contorna. Así, preto das igrexas colocáronse figuras con motivos relixiosos como velas, mentres nas zonas comerciais predominan as bólas azuis.
A carpa de Nadal, pola súa banda, instalarase na Praza dos Barcos e permanecerá aberta desde o 21 de decembro ata o 6 de xaneiro, de 11.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.30 horas, salvo os días de actuacións que pechará cando estas conclúan.
Será unha carpa de tipo iglú de 700 metros cadrados, con estrutura de aluminio e chan de tarima de madeira con moqueta antiescorregadiza. A carpa, na que se organizarán numerosas actividades, incluirá un escenario, iluminación, son, climatización, vixilancia de seguridade e unha decoración particular.
CABALGATA DE REIS
A programación de Nadal de Sanxenxo terá outro dos seus principais atractivos na cabalgata dos Reis Magos, que terá o mesmo percorrido que se estreou o ano pasado. Sairá de Portonovo e percorrerá Rafael Picó, o paseo de Baltar, Punta Vicaño, o paseo de Silgar e a avenida de Madrid, concluíndo o seu periplo na Florida.
En Portonovo, ademais, instalaranse os tres tronos reais cunha vistosa decoración. Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán á vila mariñeira ás 16:30 horas para atender a todos os nenos que queiran recibilos.
A iluminación, a carpa co seu equipamento e decoración, a cabalgata dos reis e a programación das actividades lúdicas e culturais suman un gasto de 250.000 euros.
Relacionadas:
-
Sanxenxo celebrará o fin de ano por adiantado con uvas e a queima de calendarios
Por Redacción |
-
'Papanoelada' ciclista en Sanxenxo para quentar motores para a Noiteboa
Por Redacción |
-
Vilagarcía acenderá a súa iluminación de Nadal o día 1 de decembro
Por Redacción |
-
Plantan por erro na Ferrería a árbore de Nadal de Curros Enríquez
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo adianta a novembro o encendido de Nadal e aumenta o gasto en alumeado
Por Redacción |