O BNG considera "inxusto e inaxeitado" o enfoque do 25- N que fai o Concello de Moraña
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do BNG considera "inxusto e inaxeitado" que o goberno municipal de Moraña decida adicar aos homes o 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha xornada na que elas "deben ser as únicas protagonistas", aseguran os nacionalistas.
A alcaldesa de Moraña, a popular Luisa Piñeiro, presentou hai uns días as actividades programadas polo Concello para o 25 de novembro nas que destaca unha exposición sobre "homes feministas" e carteis de concienciación "que centran a súa mensaxe na relación dos homes coa igualdade, os homes feministas e os beneficios que conseguirán nunha sociedade igualitaria".
Mariña Búa, concelleira do BNG en Moraña sinala que "desde o BNG entendemos que os homes teñen que formar parte desta loita, iso é algo incuestionable, pero a perspectiva e o enfoque elixido non é precisamente o máis correcto".
A concelleira nacionalista insistiu na importancia de visibilizar o problema que teñen as mulleres no campo da violencia "polo mero feito de ser mulleres e que non o teñen os homes por máis feministas que sexan".
Lembra Búa que "a alcaldesa é un claro exemplo de que non por nacer muller ése feminista. Lamentablemente tivemos que comprobar como xa demostrou en diversas ocasións a súa absoluta falta de conciencia feminista xustificando e avalando insultos machistas, e con este tipo de campañas volve deixar ben ás claras, queda moito por construír".
Relacionadas:
-
Cinco novos carballos en Moraña para simbolizar o rexeitamento á violencia de xénero
Por Redacción |
-
Moraña presume de quince homes "defensores do feminismo" na exposición do 25N
Por Redacción |
-
A alcaldesa de Moraña di que o BNG é un partido excluínte por criticar o programa municipal para o 25N
Por Redacción |
-
Moraña presenta unha exposición sobre homes feministas
Por Redacción |