O municipio xa viste de negro contra a violencia machista
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido
Este martes despregouse a pancarta do 25N no balcón antigo edificio do Concello na praza de España. Representantes de todas as agrupacións políticas con representación na corporación asistían a este acto que se inclúe na campaña con motivo do Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.
Paloma Castro, concelleira de Igualdade, sinalaba que se repartirán carteis por todo o comercio local, hostalería e empresas coa intención de que toda a cidade se una á loita contra a violencia de xénero. A repartición realízase tamén en centros de saúde, edificios públicos, centros de ensino e ximnasios, indicaba a concelleira.
Ademais, este sábado 23 a partir das 10.00 horas, as persoas que se acheguen ata o Mercado de Abastos recibirán camisetas e mandís co lema da campaña Pontevedra en negro, que se suma deste xeito á rede de cidades en negro.
As persoas interesadas en obter material da campaña pode solicitalo no Centro de Información á Muller (CIM), situado na praza José Martí. Elaboráronse 5.000 camisetas, 500 mandís e outros tantos carteis, ademais de folletos, lapis e flyers para a súa distribución.
Relacionadas:
-
A campaña dixital #RachemosCoaIndiferenza promove un cambio social contra a violencia de xénero
Por Redacción |
-
'Rompe tu silencio', o vídeo da Garda Civil para sensibilizar o alumnado sobre a violencia contra a muller
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Entregan os Premios Ernestina Otero a escolares: "De vós depende que teñamos unha sociedade igualitaria"
Por Anxo Lourido |
-
O CIM, "saturado" ante o incremento "importante" de casos de violencia machista
Por Alejandro Espiño |
-
O deporte pontevedrés, sensibilizado co 25-N
Por Redacción |
-
25-N en Pontevedra: Poxa simbólica de homes contra as violencias machistas
Por Redacción & Diego Torrado |