Ponte Caldelas entrega 50 cheques de 100 euros a familias do municipio con poucos recursos
Por Redacción
As familias con poucos recursos empadroadas e residentes no concello de Ponte Caldelas teñen aberto o prazo para solicitar os cheques de axuda para compra de comida e produtos de primeira necesidade.
O Concello de Ponte Caldelas vai entregar 50 cheques de 100 euros para familias.
A entrega da documentación para realizar a solicitude debe facerse nos Servizos Sociais do Concello e só poderán acollerse aquelas familias que entran dentro do baremo económico do regulamento de emerxencia social municipal.
Os beneficiarios teñen que aportar documentación de toda a unidade de convivencia e os cheques iranse entregando por orde de solicitude, sempre e cando se cumpran todos os requisitos.