O Concello informa aos comercios da cidade da recollida selectiva de cartón e papel porta a porta
Por
O goberno municipal inicia este luns, a partir das 20.00 horas, unha campaña informativa entre os establecementos comerciais da cidade lembrándolles o programa de recollida selectiva de cartón/papel "porta a porta".
Este servizo pretende incrementar a reciclaxe, "tal e como vén sendo nos últimos anos", nos que se aprecia un aumento entre o 15 e o 20%, segundo manifestou o concelleiro Raimundo González.
A empresa concesionaria da recollida de lixo, Ferrovial Servicios, entregará un folleto a cada establecemento da cidade informando desta recollida. Trátase dun servizo de balde, que asume o custe o Concello dende o ano 2008, e destinado en exclusiva a todos os locais con actividade económica, especialmente, hostalería e comercio.
A concesionaria é a encargada de recoller os restos de papel e cartón diante da porta de cada establecemento, de luns a venres, en horario de 20.00 a 22.00 horas, a última hora da tarde e coincidindo co peche dos establecementos.
O concelleiro Raimundo González lembrou que esta campaña informativa se realizou recentemente no centro histórico e agora se estende ao resto da cidade, "a practicamente todas aquelas rúas onde hai actividade comercial". Ademais desta ruta, se algún establecemento se atopa fóra do circuíto sinalado no folleto informativo, ten a posibilidade de contactar coa empresa concesionaria para incluída dentro do servizo.
Raimundo González confía en que Pontevedra se sitúe entre as cidades e capitais á cabeza da reciclaxe, tal e como demostra a tendencia dos últimos datos.
Relacionadas:
-
Abren un proceso de consulta cidadá para deseñar o novo servizo de recollida de lixo
Por Alejandro Espiño |
-
Renovan os colectores de lixo do Mercado, Benito Corbal e Virxe do Camiño
Por Redacción |
-
Os pontevedreses reciclan 267 toneladas de residuos cada mes
Por Alejandro Espiño |
-
Inician unha campaña informativa sobre recollida selectiva para o comercio e hostalería do centro histórico
Por Redacción |