Confiscan unha arma a unha persoa que paseaba pola rúa
Por Oskar Viéitez
A Policía Local do Concello de Poio confiscou unha arma a unha persoa que a portaba na vía pública.
A esta persoa non lle consta concesión de tarxeta de armas, polo que lle foi intervida. Os axentes municipais denunciaron a esta persoa por estes feitos.
A regulación dos expedientes de concesión da tarxetas de armas de cuarta categoría é competencia dos concellos, neste caso son tramitados pola Policía Local con arranxo ao disposto no Real Decreto 137/1993, do 29 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento de armas.
A Policía Local de Poio lembra á cidadanía que se está en posesión dunha arma de cuarta categoría ten que solicitar a tarxeta correspondente.